Condicións xerais de uso
Neste documento descríbense as condicións que todo usuario debe aceptar para utilizar a web do CNDM.
O presente aviso legal establece as condicións de uso do sitio web http://cndm.mcu.es que o Centro Nacional de Difusión Musical como unidade de produción do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música)do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (CIF: Q–2818024–H) pon a disposición dos usuarios de Internet en exercicio das competencias que ten atribuídas polo artigo 6 do Real Decreto 2491/1996, de 5 de decembro (BOE de 20 de decembro), con domicilio en Madrid (28004) Plaza del Rey s/n.
Cunha finalidade exclusivamente divulgativa, informativa e promocional, nunca comercial, a web do Centro Nacional de Difusión Musical (desde agora CNDM) responde ao interese do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de dinamizar, favorecer e impulsar a actividade artística e creativa dos profesionais e afeccionados á música contemporánea.
Para unha fácil navegación e un rápido acceso aos contidos, a web estrutúrase en diversas seccións para encontrar toda a información. Estas seccións preséntanse como referencia inicial, pero poderán evolucionar e modificarse co tempo, dependendo, sobre todo, das necesidades e suxestións que propoñan os Usuarios.
O Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (desde agora INAEM) do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España ofrece este servizo suxeito ás presentes Condicións de Uso.
As presentes Condicións Xerais de Uso non exclúen a posibilidade de que certos servizos ou utilidades ofrecidas por medio do CNDM (URL http://cndm.mcu.es) se sometan a unhas condicións especiais de uso, as cales, en todo caso, poderán ser consultadas polo Usuario antes da súa activación.
Servizos prestados pola web do CNDM
O INAEM ofrece, a través do portal de contidos, as prestacións ao Usuario que se detallan a continuación:
- Servizo de acceso a unha serie de contidos clasificados por categorías na web do CNDM.
- Servizo de busca de contidos pola web, a través dos buscadores.
- Servizo de acceso a blogs de opinión por medio da utilidade denominada Blog (previo rexistro de usuario e aceptación de condicións de uso específicas).
- Calquera outro servizo que nun futuro o INAEM integre no seu portal.
O INAEM poderá proporcionar ao Usuario novos contidos, servizos ou facilidades adicionais, que incrementen as prestacións dispoñibles para o Usuario.
Á súa vez, o INAEM resérvase o dereito de cancelar unilateralmente calquera dos contidos, servizos ou utilidades incorporadas a dita web.
Responsabilidade polo proceso e uso dos contidos en Internet
O INAEM non garante a calidade, exactitude, fiabilidade, corrección ou moralidade dos datos, programas, informacións ou opinións calquera que sexa a orixe, que circulen polas redes ás que o Usuario poida acceder a través da web do CNDM. O Usuario acepta expresamente deixar exento o INAEM de calquera responsabilidade relacionada.
O Usuario asume, baixo a súa exclusiva responsabilidade, as consecuencias, danos ou accións que puidesen derivarse do acceso aos contidos así como da súa reprodución ou difusión.
O INAEM non será responsable das infraccións de calquera Usuario que afecten os dereitos de outro Usuario de dita web ou de terceiros, incluíndo os dereitos de copyright, marcas, patentes, información confidencial e calquera outro dereito de propiedade intelectual ou industrial.
Esta garantía limitada e a limitación de responsabilidade mencionadas nos parágrafos anteriores non afectarán nin prexudicarán os dereitos imperativos que asistan o Usuario, segundo o lugar da súa residencia.
Responsabilidade polo uso de enlaces a través do portal do INAEM
O INAEM non será responsable nin da dispoñibilidade técnica nin dos contidos das páxinas web ás que o Usuario acceda por medio dun enlace incluído na web do CNDM.
O INAEM non será responsable dos danos causados ao Usuario pola consulta ou uso dos contidos ou servizos ofrecidos por unha páxina web cuxo acceso se producise por medio dun enlace incluído na web do CNDM.
Propiedade Intelectual e Industrial
O Usuario recoñece que os elementos e utilidades integrados dentro da web do CNDM están protexidos pola lexislación sobre dereitos de autor e que os dereitos de propiedade intelectual e industrial sobre os mesmos corresponden aos seus autores e ao INAEM. En consecuencia, o Usuario comprométese a respectar os termos e condicións establecidos polas presentes Condicións Xerais de Uso, sendo o único responsable do seu incumprimento fronte a Terceiros.
O Usuario recoñece que a reprodución, modificación, distribución, comercialización, descompilación, desensamblaxe, utilización de técnicas de enxeñaría inversa ou de calquera outro medio para obter o código fonte da barra, transformación ou publicación de calquera resultado de probas de referencias non autorizadas de calquera dos elementos e utilidades integradas dentro da web do CNDM constitúe unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual, obrigándose, en consecuencia, a non realizar ningunha das accións mencionadas.
O título e os dereitos de propiedade sobre a dita web serán, en todo caso, titularidade do INAEM, de tal forma que o Usuario se compromete a non suprimir ou alterar calquera signo distintivo utilizado como marca ou nome comercial (gráfico, logotipo, etc.), elemento protexido polo dereito de autor ou outros avisos, lendas, símbolos ou etiquetas que aparezan na web do CNDM.
Así mesmo, o Usuario recoñece que a información á que pode acceder a través do servizo pode estar protexida por dereitos de propiedade intelectual, industrial ou de outra índole. Agás acordo particular entre as partes, o Usuario comprométese a utilizar dita información exclusivamente para as súas propias necesidades e a non realizar directa ou indirectamente unha explotación comercial dos servizos a que ten acceso ou dos resultados obtidos grazas á utilización da web do CNDM.
O Usuario obrígase a non utilizar as facilidades e capacidades de dita web para realizar ou suxerir actividades prohibidas pola lei. Así mesmo, o Usuario faise responsable de estender o cumprimento destas cláusulas a toda aquela persoa autorizada por el a usar o servizo.
O Usuario absterase de levar a cabo calquera conduta no uso da web do CNDM que atente contra os dereitos de propiedade intelectual ou industrial do INAEM ou de terceiros, ou que vulnere ou transgrida o honor, a intimidade persoal ou familiar ou a imaxe de terceiros, ou que sexan ilícitos ou atenten contra a moralidade, e deixará en todo caso indemne o INAEM fronte a calquera reclamación, xudicial ou extraxudicial, que se presente fronte a ela como consecuencia de dito uso.
O Usuario absterase de levar a cabo por medio do uso da web do CNDM calquera destrución, alteración, inutilización ou danos dos datos, programas ou documentos electrónicos pertencentes ao INAEM, os seus fornecedores ou a terceiros, así como de introducir ou difundir na Rede programas, virus, applets, controis Active X ou calquera instrumento ou dispositivo físico ou electrónico que cause ou sexa susceptible de causar calquera tipo de alteración na Rede, no sistema ou nos equipos de terceiros. Igualmente, queda expresamente prohibida calquera tipo de actividade ou práctica que transgrida os principios de boa conduta aceptados xeralmente entre os usuarios de Internet.
Responsabilidade do INAEM polo funcionamento da web do CNDM
O INAEM non será responsable de ningún dano que se lle xere ao usuario en caso de imposibilidade de prestar o servizo obxecto das presentes Condicións Xerais de Uso.
O INAEM non será responsable do inadecuado funcionamento da web do CNDM, se iso obedece a labores de mantemento, a incidencias que afecten a operadores internacionais, a unha defectuosa configuración dos equipos do Usuario ou á súa insuficiente capacidade para soportar os sistemas informáticos indispensables para poder facer uso do servizo.
Confidencialidade e protección de datos
A efectos do previsto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, o INAEM informa ao Usuario Rexistrado da existencia dun ficheiro automatizado de datos de carácter persoal creado por e para o INAEM e baixo a súa responsabilidade, coa finalidade de realizar o mantemento e xestión da relación co Usuario, así como os labores de información, difusión e promoción cultural da música en España.
O INAEM informa o Usuario Rexistrado sobre a posibilidade que o asiste de exercitar os dereitos de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos datos persoais recollidos polo INAEM. Os dereitos de acceso, rectificación, oposición e cancelación poderán ser exercitados polo Usuario Rexistrado e, no seu caso, quen o represente, mediante solicitude escrita e asinada dirixida à seguinte dirección:
Centro Nacional de Difusión Musical. c. Príncipe de Vergara, 146.28002, Madrid, España
Dita solicitude deberá conter os seguintes datos: nome e apelidos do Usuario, domicilio a efectos de notificacións, número do Documento Nacional de Identidade ou Pasaporte, e petición en que se concrete a solicitude. No caso de representación, deberá probarse a mesma mediante documento fidedigno.
O INAEM comprométese ao cumprimento da súa obrigación de segredo dos datos de carácter persoal e do seu deber de gardalos, e adoptará as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, de acordo con o establecido polo Regulamento de Medidas de Seguridade dos ficheiros automatizados que conteñan datos de carácter persoal, aprobado polo Real Decreto 994/1999, de 11 de xullo.